En memoria de Javier Teixeira: tempo de chorar

Autores/as

  • Equipo Editorial

Resumen

En memoria de Javier Teixeira: TEMPO DE CHORAR 
Celso Emilio Ferreiro
(Remitido por Cesáreo Álvarez -Inspector de Educación de Madrid-Este- al correo interno de Adide Federación)

Baleares

A Javier Teixeira. Descanse en paz

Hei de chorar sin bágoas duro pranto
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite
da libertá prostituída.
As espadas penduran silandeiras
coma unha chuvia fría diante os ollos
e teño que chorar na sombra fuxidía
diste pútrido vento
que arromba a lealtá e pon cadeas
no corazón dos homes xenerosos.

Pois que somente os ollos me deixaron
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han de vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois que o que chora vive, iremos indo;
indo, chorando, andando,
salvaxe voz que ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros i alboradas
para rubir ao cumio dos aldraxes.

E pois que cada tempo ten seu tempo,
iste é o tempo de chorar.

 

Poema Tempo de chorar, tomado del libro Longa  noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, remitido por Cesáreo Álvarez al correo interno de Adide Federación

Cómo citar

Editorial, E. (2006). En memoria de Javier Teixeira: tempo de chorar. Avances En Supervisión Educativa, (4). Recuperado a partir de https://avances.adide.org/index.php/ase/article/view/230

Publicado

2006-09-01

Artículos más leídos del mismo autor/a

1 2 3 4 > >>